Nós, os alumnos de 1º ciclo de Educación Primaria xuntámonos na capela nun acto moi emotivo para celebrar o día do noso patrón.
O noso comportamento foi excelente e realizamos a nosa ofrenda solidaria co pobo ucraíno. No acto fixemos a oración a San Xosé.
San Xosé obediente e bo
que coidaches do Señor,
faime soñar no Ceo
ti que fuches un soñador.
Axúdame no meu camiño
que eu quero seguir a Xesús,
coidalo, amalo e respetalo,
ao igual que o fixeches ti.
Dános forzas e esperanza
Aos nosos humildes corazóns,
a ledicia e o encanto
para telos presentes nas nosas accións.
Amén
Ao rematar fixemos a entrega das nosas ofrendas.
O donativo económico, que o cole se encargará de ingresar na conta de Cáritas, en colaboración cos damnificados pola guerra de Ucraína e o noso tablón. Este tablón representa que, ó igual que Xesús aprendeu de Xosé os seus valores e o seu oficio, nós querémoslle agradecer a Xesús todo o que aprendemos del. E grazas as súas ensinanzas, todos xuntos podemos construír un mundo mellor.
Aquí podemos ver un cachiño da canción a San Xosé "Betsaida"
Pola contra, os alumnos do 2º ciclo de Educación Primaria, tamén fixeron a súa celebración na honra a San Xosé. Nun primeiro momento, coñecimos un pouquiño mellor a San Xosé e as súas cualidades para posteriormente compartir varios momentos de oración mesturados con cancións de alabanza e recoñecemento ao pai de Xesús. Foi unha celebración moi familiar que rematamos coas nosas donacións destinadas a aquelas persoas necesitadas pola guerra de Ucraína.
Comments