top of page

Collage na Pascua

Os alumnos de 6º de Educación Primaria realizaron na materia de Relixión uns collages que tiñan como temática o tempo de Pascua, fixándonos na Resurrección de Xesús, e o mes de maio, centrados na figura da Virxe María. Levaron a cabo un traballo estupendo e marabilloso, con grande motivación e entusiasmo polo que estaban a facer e co desexo de observar o resultado final. Moitos destes traballos poden verse nos distintos espazos do centro como portería, a entrada do portalón ou os corredores do colexio.



5 visualizaciones0 comentarios
bottom of page